| Tingloop-Fresh |
 |
Tingloop Fresh é un pequeno invento para facerlle a vida máis
agradable.
Permítelle conserva-las latas de refresco frías moitas horas,
despois de as ter tirado da neveira.
É económico, práctico, limpo, reciclable, de pequenas
dimensións, reutilizable moitísimas veces....
Está construído en poliestireno expandido de alta densidade e
altísimo poder illante e adáptase exactamente ás latas de
refresco usuais.
Tamén serve para manter quentes os botes de papa infantil.
Está formado por un corpo e unha tapa que encaixan perfectamente.
Pode beberse da lata sen necesidade de extraela do corpo illante.
Tanto o modelo como a marca están patentados.
Pode adquirirse na rede e pagar por medio de tarxeta de crédito e
recibirao por correo en poucos días.
Por 8,38 Euros (*) recibirá un paquete con 6 Tingloops.
Por 13,19 Euros (*) recibirá un paquete con 12 Tingloops.
(*) Gastos de envío ata calquera lugar de España incluidos.
¿Quere face-lo pedido?